words per minute
8
EmilioMarioRodriguez
00:00
Speed
Erguinme aquela ceigante mañá antre o millo, as lembranzas golpeáronme no mesmo intre no que o sol comezaba o seu recorrido.
Lembrar que un simple movemento fora do normal me fixo chegar a sabe deus onde, presenciar actos ilícitos de persoas que deberían ser sempre lícitas... Só me causaron problemas.
Comecei a camiñar para atopar pronto un camiño para seguir. Pescudei por todos lados pero só había millo.
Decateime de que só dera voltas no mar de confusión do que non me daba aceibado. Quizais só fose unha metáfora, pero era a metáfora na que estaba engaiolado.